De excidio et conquestu Britanniae

De Excidio et Conquestu Britanniae (latín para "Sobre a Ruína e Conquista de Britania"), é unha obra escrita no século VI polo clérigo britano Xildas. É un sermón en tres partes, que condena os actos dos contemporáneos de Xildas, tanto seculares como relixiosos, a quen culpa da lamentábel situación da Britania posromana. É unha das máis importantes fontes para a historia de Gran Bretaña nos séculos V e VI, xa que é a única fonte significativa para o período escrito por un case contemporáneo dos feitos descritos.

A parte I contén unha narración da historia Británica desde a conquista Romana ao tempo de Xildas; inclúe referencias a Ambrosio Aureliano e a vitoria britana contra os saxóns na Batalla de Mons Badonicus. A parte II é unha condena de cinco reis polos seus numerosos pecados, incluíndo tanto figuras escuras como relativamente ben documentadas, tales como Maelgwn Gwynedd. A parte III é un ataque similar ao clero britano da época.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy